xoves, 14 de abril de 2016

Maruja Mallo [pintora]



Maruja Mallo [Viveiro,1902-Madrid, 1995] é a máis recoñecida das artistas galegas do século XX. Estudou Belas Artes en Madrid e relacionouse con poetas e artistas de chamada Xeración do 27[Dalí,Lorca,Buñuel...].A súa obra está influída polo cine, e os seus cadros son valorados a nivel mundial.

Maruja Mallo era unha muller moderna que andaba en bicicleta, facía deporte, asistía aos cafés e aos eventos e faladoiros literarios.

Como recoñecemento á súa carreira recibiu numerosos premios, entre eles a Medalla de Ouro das Belas Artes. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.