xoves, 28 de abril de 2016

BALONMÁN


O día 14 de Abril, fomos xogar a Carballiño un torneo de balonmán.Do noso colexio só fomos quinto e sexto. Empezamos xogando contra Cea, despois contra Boborás ,o seguinte contra Cambeo e por último contra os do Irixo. Ao rematar entregaron os premios , do noso colexio foi unha nena da nosa clase a recollelo que se chama Soraya. De primeiro quedaron os do Irixo , de segundo , Boborás. De terceiros nós o colexio de Amoeiro, de cuartos Cea e de últimos Cambeo.

O Amoeiro animando ao seu equipo.

Soraya recibe o premio co seu mestre.

Todos os colexios xuntos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.