xoves, 23 de xuño de 2016

Xogando ao atletismo

         O 19 -5-2016 os nen@s de  2º 3º 4º 5º de primaria foron a última xornada de deporte escolar,  que se celebróu no Paco Chao de Carballiño. As probas foron as seguintes: lanzamento de xabalina , salto a pes xuntos, salto lateral, carreira de dez por seis metros, lanzamento  de balón medicinal e duas probas de relevos.

     Os colexios participantes foron :Uceira Carballiño Amoeiro Boboras  ies n1º

martes, 14 de xuño de 2016

OS NENOS DE CORTEGADA NA ESCOLA DE AMOEIRO

         O día 7 de xuño os nenos e nenas do Colexio Otero Novas de Cortegada visitaron a escola de Amoeiro. Recibímolos cunha grande pancarta e unhas pulseiras que nos lle fixemos. Fixemos moitas cousas xuntos no salón de actos vimos uns vídeos  e cantamos todos xuntos,  xogamos ao fútbol, o balón prisioneiro e moitos xogos mais. Cando acabamos de xogar no recreo fomos o comedor para xantar todos xuntos "umm" que ricos os espaguetes. Nada mais ao acabar de comer os nenos de Cortegada fóronse e fixémoslle unha grande despedida.