xoves, 28 de abril de 2016

BALONMÁN


O día 14 de Abril, fomos xogar a Carballiño un torneo de balonmán.Do noso colexio só fomos quinto e sexto. Empezamos xogando contra Cea, despois contra Boborás ,o seguinte contra Cambeo e por último contra os do Irixo. Ao rematar entregaron os premios , do noso colexio foi unha nena da nosa clase a recollelo que se chama Soraya. De primeiro quedaron os do Irixo , de segundo , Boborás. De terceiros nós o colexio de Amoeiro, de cuartos Cea e de últimos Cambeo.

O Amoeiro animando ao seu equipo.

Soraya recibe o premio co seu mestre.

Todos os colexios xuntos.

BEATRIZ PÉREZ MAQUIEIRA (bióloga)



Esta pontevedresa licenciouse en Bióloxia pola Universidade de Vigo e con 30 anos é a responsable técnica do Aquarium & Underwater Zoo de Dubai. Dirixe o personal do acuario, supervisa a alimentación e a reprodución dos animais, así como a chegada doutros novos.
O seu acuario é espectacular.Está formado por nove pisos e conten dez millóns de litros de auga, divididos en tres seccións:auga salgada, auga doce e vida nocturna.
 Alberga 33.000 animais de máis de 300 especies, entre os que poden bucear os visitantes.
O inquilino máis coñecido é King Croc,un crocodilo australiano de 5 metros.No mesmo estanque vive tamén a súa parella, que viaxou con el dende australia e, segundo contra Beatriz, dormen os dous xuntos tocándose o nariz ou unha pata.
King Croc ten 40 anos ,e esperan que viva 80 máis;deste xeito podería acadar os 7 metros de lonxitude e convertíriase no crocodilo máis grande do mundo.



xoves, 14 de abril de 2016

EXCURSIÓN AO AUDITORIO.

      
O día 4 fomos de excursión ao Auditorio a ver un musical  que se chamaba "XA ESTAMOS  NO VERÁN" tratábase de que uns nenos acabaran o colexio  e lle encantaba compoñer cancións , e foron buscando membros para a banda . Participaron algúns nenos de todos os colexios . Unha nena do noso colexio subiu que se chama Yanely. Estiveron ensaiando unha coreografía moi divertida.

a continuación vemos un video  do grupo musical.


               
     
                                                          
                                                           

Maruja Mallo [pintora]



Maruja Mallo [Viveiro,1902-Madrid, 1995] é a máis recoñecida das artistas galegas do século XX. Estudou Belas Artes en Madrid e relacionouse con poetas e artistas de chamada Xeración do 27[Dalí,Lorca,Buñuel...].A súa obra está influída polo cine, e os seus cadros son valorados a nivel mundial.

Maruja Mallo era unha muller moderna que andaba en bicicleta, facía deporte, asistía aos cafés e aos eventos e faladoiros literarios.

Como recoñecemento á súa carreira recibiu numerosos premios, entre eles a Medalla de Ouro das Belas Artes. 

xoves, 7 de abril de 2016

XOGOS PÒPULARES

  Para traballar os xogos tradicionales, faredes un traballo de investigación. Tedes que preguntar na casa e no voso entorno, a diferentes personas de diferentes idades a que xogos xogaban cando eran pequenos. Tedes que facer unha ficha con cada xogo, como esta


NOME DO XOGO:

NORMAS:

ÉPOCA(DECADA):

VARIANTES:



Futbol sala en Amoeiro



      O futbol sala disputámolo no pavillón do colexio o día 17 de marzo  acudiron a xogar os colexios de Cambeo e Uceira (Carballiño). Xogamos sobre 3 partidos cada equipo, xogamos dende as 10 da maña ata a 1 da mediodia. Este ano tivemos unha pequena sorpresa, en canto os árbitros, porque tocounos facer ese papel, e a verdade é que arbitramos moi limpo. Foi moi competido.