xoves, 3 de decembro de 2015
O quecemento
O QUECEMENTO
O organismo, para pasar dun estado de repouso a outro de intensidade media ou alta, necesita dun tempo intermedio de adaptación, dunha “ponte” que facilite o paso sen provocar cambios bruscos. Esta vai ser a función primordial do quecemento.
¿ Que é o quecemento ?
“ O conxunto de actividades ou ejercicios físicos que preparan ó individuo física e mentalmente para realizar unha actividade máis intensa “.
¿ Cales son os obxectivos que persegue ?
Mellora o rendemento na actividade que posteriormente imos realizar.
Evita e prevén lesións.
¿ Cales son os efectos do quecemento no noso corpo ?
O noso corazón latexa máis a presa ( aumenta a frecuencia cardíaca ).
A pel averméllase e suamos. Aumenta a circulación sanguínea nas zonas que traballan e a temperatura corporal.
Respiramos máis a présa e máis forte.
¿ Cales son os exercicios que se utilizan para quentar ?
Son exercicios de flexibilidade, que comenzan movendo as articulacións (flexibilidade dinámica) e rematan estirando os músculos (flexibilidade estática).
A continuación imos por un exemplo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.